Antonio Fraguas_Letras Galegas 2019

Publicado el

 

Este ano o día das letras galegas adícamolo a Antonio Fraguas Fraguas, historiador e xeógrafo, unha figura do galeguismo, referente xa non só polo seu talante ético de defensa permanente do galego, senón pola súa capacidade de transmitir estes sentimentos a todo o mundo.

Ademais, destacou con máis de 300 libros e traballos, unha “obra importante e de densidade” na que mostrou un galego “tan particular, tan auténtico, tan sinxelo e tan cariñoso” que non houbo ninguén, quizais, que o fixese desa forma tan persoal e directa.

 

O Día das Letras Galegas é unha celebración instituida en 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear a aquelas persoas que
destacasen pola súa creación literaria en idioma galego ou pola defensa da devandita lingua. Cada ano dedícase a unha
personalidade diferente, escollida pola Real Academia Galega, tendo en conta que se esixen polo menos dez anos dende o seu falecemento.

Dende a instauración desta celebración cultural, soamente en 1998 houbo unha dedicación conxunta a tres poetas medievais: Martín
Codax, Xohán de Cangas e Mendinho, famosos polas súas cantigas.
A data de celebración deste evento, o 17 de maio, débese a que en tal día como ese, en 1863, publicouse en Vigo o primeiro exemplar da
obra Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, que marcaría o inicio do “Rexurdimento” ou renacemento cultural do galego. Esta data é
oficialmente festivo na comunidade galega dende 1991.
Neste ano 2019, a figura homenaxeada é Antonio Fraguas Fraguas, escollido pola Real Academia Galega con dezaseis votos a favor fronte
a oito que tiña a candidatura de Ricardo Carvalho Calero.
O académico que encabezou a candidatura gañadora, Francisco Díaz-Ferros, erixiu ao historiador e xeógrafo como unha “figura do
galeguismo”, referente “xa non só polo seu talante ético de defensa permanente do galego, senón pola súa capacidade de transmitir estes
sentimentos a todo o mundo”. Ademais, destacou os máis de 300 libros e traballos que desenvolveu Antonio Fraguas, unha “obra importante e de densidade” na que mostrou un galego “tan particular, tan auténtico, tan sinxelo e tan cariñoso” que “non houbo ninguén, quizais, que o fixese desa forma tan persoal e directa” expresou. E é que Antonio Fraguas, segundo o académico, recuperou “a voz do pobo”: “Chegou no momento preciso para recoller os alicerces da nosa cultura, o noso  mundo, o mundo campesiño que xa estaba a desaparecer”.

 

É por todo isto que dende a Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña queremos facerlle a Antonio Fraguas Fraguas o noso particular homenaxe cunha pequena exposición na entrada da biblioteca acompañada desta guía ralatanto a vida e obra do autor xunto cos recursos que temos en relación ao mesmo.

 

Guía de Lectura de Antonio Fraguas na Biblioteca Provincial da Coruña.  Letras Galegas2019

 

 

 

Categorizado como: Blog

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *