“Añoranzas de La Coruña”: gravados antigos da cidade da Coruña

Publicado el

Que a cidade da Coruña cambiou, e moito, o longo da súa historia, é ben sabido por todos.  Estamos a falar dunha cidade viva, moderna e aberta que segue crecendo e adecúandose ós tempos que corren. Hoxe en día temos a posibilidade de ver e gardar eses cambios nas nosas retinas gracias a numerosos documentos fotográficos, imaxes, gravados…

A colección da que imos falar hoxe, móstranos algúns dos rincóns máis representativos da cidade no século XIX, as súas prazas, rúas, xardíns, porto e como non, a imaxe máis identificativa da cidade: a Torre de Hércules.

 

Trátase dunha serie de grabados, agrupados baixo o título de “Añoranzas de La Coruña”, editados pola librería Arenas e Gráficas Stylo, que recollen as imaxes máis representativas da cidade e que o mesmo tempo tratan de rendir unha homenaxe o mestre-impresor Ferrer.

 

 

 

 

 

 

Estámonos referindo a Pedro Inocencio Vicente Ferrer Sanz, quen naciu una Coruña o 5 de Abril de 1870 no seno dunha familia acomodada de orixe catalán. Coa morte do seu pai, será él o que tome as rendas do negocio familiar, un importante almacén de papel que en 1889 amplía coa apertura dunha imprenta dotada dos máis novedosos avances nas técnicas de grabado do momento. Será a súa incursión no mundo do fotograbado o que o porá en contacto coa fotografía. As súas primeiras fotografías, verán a luz a finais do S. XIX, e nelas recolle as súas visitas os pobos, paisaxes e costumbres de Galicia. Algunas destas fotografías, en concreto as da cidade da Coruña, serán as que depois se convirtan na colección da que estamos a falar e que nos mostran os lugares máis representativos da cidade.

Poderedes consultar e desfrutar na Biblioteca de César Antonio Molina e Mercedes Monmany, das dúas carpetas cas que contamos, e das vinte láminas en total que as conforman.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *