Alejandro Amenábar, Paco Roca, Guillermo Carnero e César Antonio Molina

Publicado el

Alejandro Amenábar está a gravar a adaptación do cómic “El tesoro del Cisne Negro” en diferentes localizacións, entre elas Ferrol.  Pero, que ten iso que ver con César Antonio Molina?

Foi fai pouco cando Paco Roca, Premio Nacional do Cómic, publicou “El tesoro del Cisne Negro”, unha historia de aventuras en homenaxe a Tintín, pero baseada nos feitos reais do caso Odyssey, felizmente resolto grazas á acción do Ministerio de Cultura, que dirixía naquela época César Antonio Molina e donde traballaba Guillermo Curral van Damme, coautor do libro.

A historia  tiña todo o necesario para unha boa historia de aventuras e piratería: ataques por sorpresa, barcos afundidos, tesouros no fondo do mar, espías e unha boa dose de política que logran crear un thriller que ben merecía levarse ao cómic e á pequena pantalla.

No ano de 1804, o galeón español Nuestra Señora de las Mercedes é atacado por catro buques de bandeira inglesa, que tentan apresar a súa carga. Ao negarse o comandante do navío á súa entrega, comezou unha batalla a canonazos na que morreron máis de 300 persoas e que acabou co casco do galeón a máis de 1000 metros de profundidade, co seu cargamento de case 600.000 moedas de ouro e prata. Este afundimento será o que faga que España se alíe con Francia na posterior batalla de Trafalgar.

Con todo, a historia non acaba aquí. En 2007, a empresa estadounidense Odyssey Marine Exploration, dedicada á procura de tesouros submarinos anunciou o achado dun tesouro de 17 toneladas de moedas de ouro e prata, valorado en 385 millóns de euros, en augas internacionais. O achado será bautizado co nome Black Swan Project (Proxecto do Cisne Negro). O goberno español empezou a sospeitar que aquelas moedas formaban parte do seu patrimonio e así comeza a segunda parte desta historia de aventuras: a batalla legal nos despachos e tribunais por recuperar o tesouro, o patrimonio perdido e a dignidade nacional.

No arquivo persoal conservado na Sala de César Antonio Molina e Mercedes Monmany da Biblioteca atópase moita documentación relacionada co caso, que salpicou directamente ao Ministerio de Cultura: entrevistas a César Antonio Molina sobre o caso, dossieres de prensa facendo un seguimento de cada un dos pasos que se deron en defensa do noso patrimonio e mesmo documentos confidenciais entregados polo CNI a César Antonio Molina como máximo responsable na recuperación do tesouro expoliado.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *