Acto de entrega do premio do concurso #hoxeleoen

Publicado el

Mañá día 12 de setembro ás 12:00 h terá lugar na Biblioteca da Deputación Provincial da Coruña o acto público de entrega do premio do concurso #hoxeleoen, organizado pola Biblioteca en colaboración coa Sección de Turismo da Deputación,

O concurso de verán tivo como obxecto a dinamización e animación á lectura, así como a difusión do patrimonio paisaxístico e cultural dos concellos da provincia da Coruña. Para o cal os participantes remitiron a través das redes sociais e do correo electrónico fotografías dos seus recunchos da provincia preferidos para ler este verán, xunto coas lecturas das que estaban a desfrutar.

Entre tódalas fotografías participantes, que nesta edición foron 103 máis outras 6 fora de concurso, sorteouse unha viaxe a París relacionada coa temática literaria do concurso. A galardoada é Zaida Panadero Álvarez, que recollerá o premio mañá perante o Deputado de Turismo Xosé Regueira Varela, a Xefa de Sección de Turismo Mª Teresa Loureiro Ventureira, e a Arquiveira Bibliotecaria, Mª Dolores Liaño Pedreira.

Desde a Biblioteca e Turismo da Deputación agradecemos a acollida e participación no concurso, e adiantamos os parabéns á galardoada.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *