Visitas

A biblioteca da Deputación da Coruña ofrece visitas guiadas para escolares, mozos e grupos de adultos pertencentes a algún colectivo ou institución.

Ademais de coñecer as nosas instalacións, a visita pretende amosar todos os servizos, coleccións e actividades que ofrece a biblioteca. As visitas adecúanse ás necesidades e características de cada grupo, para que cada un encontre o seu sitio na biblioteca.

Se quere unha visita de adultos pode solicitalo enviando un correo electrónico a: biblioteca.info@dacoruna.gal no que se indique o número de persoas, a/s data/s nas que estarían interesados e un teléfono de contacto. Tamén pode solicitar a visita chamando ao número de telefono: 981 080 175.

Se quere visitar a Bebeteca ou a Biblioteca Infantil e Xuvenil preme aquí.