Club de lectura dixital EbiblioDaCoruna
O 1 de outubro retomamos a actividade do Club de Lectura dixital, coas seguintes lecturas:
- El orden del día de Éric Vuillard. Comeza o 1 de outubro (na sala Compartiendo lecturas).
- Aqueles días en que eramos malas de Inma López Silva. Comeza o 14 de outubro (nesta sala).
- El asesino tímido de Clara Usón. Comeza o 19 de novembro (na sala Compartiendo lecturas).
- Retrincos e Un ollo de vidro de Castelao. Comeza o 9 de decembro (nesta sala).
Para participar só necesitas:
- Estar de alta na EbibliodaCoruna. Date de alta aquí.
- Ter un dispositivo para ler (ordenador, tableta, móbil).
- Entrar en ebibliodacorunaclub.odilotk.es, identificarse coas claves da EbiblioDaCoruna, e darlle a seguir ao club.
- Coller o libro prestado desde a pestana «Lecturas» dentro do propio club, ou ben telo en papel, e comezar a participar.
O botón «Prestar» para tomar en préstamo o libro que se vaia a ler en cada momento aparecerá na pestana «Lecturas» o día do comezo da lectura de cada libro.
Máis información no apartado «EbiblioDaCoruna Club Lector» da web. E se continúas tendo dúbidas, escríbenos a biblioteca.info@dacoruna.gal ou chámanos ao 981 080 176 en horario de luns a venres de 8:30 a 14:00 h.
Obradoiro de Entroido
Día: 14 de Febreiro de 2020
Hora: entre as 18:00 e as 20:00 h
Lugar: vestíbulo da Biblioteca
Entrada libre ata completar aforamento
Para todas as idades
Cada nen@ deberá estar acompañado de 1 persoa adulta.
Obradoiro de Nadal 2019. Ven facer o teu propio calendario á Biblioteca o venres 13 entre as 18:00 e as 20:00 h. Non é preciso que traias o material. De balde, entrada libre (non se necesita inscrición), para todas as idades. Menores de 7 anos deberán estar acompañados por unha persoa adulta.
Conferencias «Coñecer Galicia», por Felipe Senén. Novembro 2019. Máis información
Conferencias «Estratexias de visibilidade na arte». Outubro 2019 – Xaneiro 2020. Máis información
Talleres de plastilina de Nadal 2018
Obradoiro do Samaín
Obradoiro 23 de abril. Día Mundial do Libro
2 de abril. Día Internacional do Libro Infantil
O 2 de Abril teremos un taller no que realizaremos un libro túnel do Principito de Antoine Saint-Exupéry.
Esperámosvos no vestíbulo da Biblioteca Provincial entre as 18:00 h e as 20:00 h.
Para todas as idades
Entrada libre
VEN A CELEBRALO CONNOSCO!!!!
BEBETECA
E na Bebeteca celebramos o «Día Internacional do Libro Infantil» creando un marcapáxinas para os vosos contos preferidos.
Día: 2 de abril
Horario: a partir das 11:00 h
Para os nenos da Bebeteca acompañados dun adulto
Entrada libre ata completar aforamento
Lugar: Bebeteca
Esperámosvos!!