Actividades

A biblioteca organiza un gran número de actividades ao longo do ano dirixidas á infancia, á mocidade  e tamén para as persoas adultas; desde talleres literarios, clubs de lectura, sesións formativas, charlas, conferencias, cursos sobre distintas materias, talleres infantís, concursos, etc. Ademáis dos carteis nos que se anuncian as devanditas actividades que se expoñen na propia biblioteca e os trípticos coa programación dispoñibles no mostrador de Préstamo e Información Bibliográfica, darase difusión a través da páxina web e as redes sociais coas que conta a biblioteca. Así mesmo, a Biblioteca envía un Boletín mensual de novas ao correo electrónico que nos facilitades cando solicitades a alta na Biblioteca e na que se amosa un resumo das actividades que ofrece a Biblioteca

http://www.facebook.com/bibliodicoruna

http://twitter.com/bibliodacoruna (@bibliodicoruna)

http://pinterest.com/bibliodicoruna