Actividades e cursos outono 2017

Publicado el

Dentro da programación de actividades para este Outono, a Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña oferta as seguintes actividades. Todas son de balde, e nalgunhas é preciso inscribirse.

Inglés ( Con inscrición previa)

(Impartido por Elisabeth Hamer)

DURACIÓN: 12 sesións de outubro a xaneiro

NIVEL BÁSICO. (20 prazas)

Orientado a persoas que teñen un coñecemento moi básico do  idioma.

DÍA: os martes de 10:30 a 11:15 h

Data de comezo: 17 de outubro

NIVEL MEDIO I. (20 prazas)

Orientado a persoas que xa teñen un coñecemento básico da lingua e querer mellorar a súa comprensión oral e escrita.

DÍA: os martes de 12:00 a 13:15 h

Data de comezo: 17 de outubro

NIVEL MEDIO II. (20 prazas)

Enfocado a persoas que teñen unha boa gramática e queren mellorar a súa comprensión oral

DÍA: os martes de 19:15 a 20:30 h

Data de comezo: 17 de outubro

NIVEL AVANZADO. (20 prazas)

Dirixido a persoas que teñen un domino da gramática, un lexico rico e poden manter unha conversa en inglés

DÍA: os luns de 20:15 a 21:30 h

Data de comezo: 16 de outubro

RESERVAR PRAZA  29 DE SETEMBRO* (Ver abaixo RESERVA DE PRAZA)

Conversación en galego ( Con inscrición previa)

(Impartido por Miguel Mosquera)

DURACIÓN: 16 sesións de outubro a xaneiro

NIVEL MEDIO I. (20 prazas)

Orientado a persoas que non teñen un coñecemento da lingua ou teñen un nivel moi básico

DÍA: os mercóres de 19:15 a 20:15 h

Data de comezo: 25 de outubro

NIVEL MEDIO II. (20 prazas)

Dirixido a persoas que xa teñen un pouco de coñecemento da lingua e queren manter unha conversación en galego

DÍA: os mércores de 20:30 a 21:30 h

Data de comezo: 25 de outubro

RESERVAR PRAZA  29 DE SETEMBRO* (Ver abaixo RESERVA DE PRAZA)

Taller de literatura contemporánea 

( Con inscrición previa) 

(Impartido por Patricia Cernadas)

DÍAS: os luns, martes, mércores e xoves (a elixir)

HORARIO: de 17.00 a 19.00 h

DURACIÓN: outubro-xaneiro

Data de comezo: semana do 16 de outubro

RESERVAR PRAZA  28 DE SETEMBRO* (Ver abaixo RESERVA DE PRAZA)

Conferencias de arte ( Con inscrición previa)

– «O xardín como metáfora visual». (Impartido por Luisa Valdés)

DURACIÓN: outubro-xaneiro

Data de comezo: xoves 20 de outubro

HORARIO: de 11.30 a 13.00 h

RESERVAR PRAZA 27 DE SETEMBRO* (Ver abaixo RESERVA DE PRAZA)

     Obradoiro participativo: A túa memoria, a nosa historia

( Con inscrición previa)

Neste novo obradoiro sobre memoria local aunaremos o formato expositivo tradicional, no que
disfrutaremos e aprenderemos sobre a historia da nosa cidade e a nosa comarca, o seu
patrimonio e tradicións, cun formato participativo no que vós seredes os e as protagonistas.
Queremos que nos contedes as vosas lembranzas que nos acheguedes fotografías e relatos e
como colofón botando man das novas teconoloxías elaboraremos un proxecto para compartir cos
demáis usuarios da biblioteca. Esta será o espazo que nos acolla e exploraremos as súas
posibilidades e agochos máis interesantes.

 (Impartidas por Carmela Galego)

DÍAS: os mércores

HORARIO: de 11:30 a 13:00 h

DURACIÓN: outubro-xaneiro

Data de comezo: mércores 18 de outubro

RESERVAR PRAZA 28 DE SETEMBRO* (Ver abaixo RESERVA DE PRAZA)

Ciclo de conferencias: As tradicións galegas

(Entrada libre)

 

– «As tradicións galegas». (Impartidas por Felipe Senén)

DÍAS: os xoves de novembro (2, 9, 16, 23 e 30)

HORARIO: ás 20:00 h.

 

*RESERVA DE PRAZA

Para reservar praza terán preferencia os socios.

 Presentarse co carné da Biblioteca na Sección Infantil e Xuvenil a partir das 16:30 h do mesmo día que corresponda para apuntarse a cada actividade.

Para a inscrición respectarase a orde de chegada.

 Reservarase prazas para  facer a reserva por teléfono chamando ao 981 08 01 71 a partir das 17:30 h

Reservarase unha praza por persoa.

Tódalas persoas que non asistan ou non xustifiquen a falta quedarán excluídas da actividade.

 

Actividades adultos outono 2017 from Bibliotecadicoruna

Falamos. Programa de actividades de linguas 2017 from Bibliotecadicoruna

 

6 thoughts on “Actividades e cursos outono 2017

  1. Bós días!
    sempre achego esta mensaxe solicitando que os cursos de inglés, tanto básico como Medio I, se poidan realizar en horario de tarde pois, así as persoas que traballamos, non podemos nunca acceder a eles. Grazas

  2. Hola Mada:
    Tomamos, de novo, en conta a túa petición para que na medida que sexa posible de poida cambiar o horario deses cursos noutra edición.
    Saúdos

  3. Hola Sheila,
    Anotamos o teu correo para enviarche a información. Mentras podes botar un ollo na nosa páxina, na sección de actividades, onde atoparas toda a información.
    Saúdos

  4. Buenas tardes.
    Pueden indicarme si están previstos nuevos cursos de iniciación al idioma inglés?

    Gracias

  5. Buenos días,
    La actividades de adultos no han salido todavía, hasta finales de febrero o principios de marzo no sabemos los cursos que se van a realizar. Se informará en las redes sociales, la página web y por correo electrónico.
    Saludos

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *