Abracadabra nº 51: Ser ou non ser

Publicado el

Xa está aquí o novo Abracadabra, o número 51 da revista da sección infantil e xuvenil feita en colaboración coas persoas usuarias da Biblio. Neste número… personaxes reais ou imaxinarias? Non vos pasa que cando ledes un libro metédesvos tanto na pel do protagonista que vos parece todo tan real que pensades: Isto tivo que pasar e a personaxe tivo que existir. Si, si. Seguro que existiu? E entón poñédesvos a buscar e por moito que investigades sobre o protagonista non conseguides chegar a saber de certo se foi real ou só produto da imaxinación dun bo escritor…

E tamén… pasatempos, a galería coas fotos do taller de pintura e do concurso Que non pare o conto!, experimentos, un conto… Unha morea de novidades!

Accede á revista aquí: Abradacadabra Nº 51.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *