A túa alta na EBIBLIODACORUNA ten premio

Publicado el

A túa alta na EBIBLIODACORUNA ten premio

Para celebrar a semana do libro a Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña lanza unha campaña de animación á lectura para os lectores das bibliotecas municipais que queiran sumarse á lectura dixital. Por iso premiaremos a todos os usuarios que se unan á biblioteca dixital EBIBLIODACORUNA  ( https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac/#indice)  e poidan disfrutar no seu dispositivo móbil dunha biblioteca con más de 2500 recursos a un só click de distancia.

As altas no préstamo electrónico que se realicen entre o 21 e o 28 de abril de 2019 terán un pequeno agasallo, que consiste nunha pulsera USB DE 4GB, e que poderás recoller na túa biblioteca municipal.

Poden participar todos os usuarios das bibliotecas municipais da provincia da Coruña. Tes que cubrir o formulario de alta e achegandoo por mail a biblioteca.info@dacoruna.gal.

 

Cando: do 21 ao 28  de abril na BIBLIOTECA DIXITAL da Biblioteca da Deputación.

 

Promoción limitada ás 100 primeiras altas

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *