A hora do planeta

Publicado el

A crise climática é unha realidade e é necesario tomar cartas no asunto xa!!!  A hora do planeta é un movemento dixital que tenta concienciar deste gran problema.

Pero cando é? Pois o sábado 27 de marzo de 20:30 a 21:30  h.

Na Biblioteca Provincial da Coruña queremos sumarnos a esta iniciativa e propoñémosvos que nesa hora pensedes en cousas que podemos facer para axudar a paliar esta situación e que non vaia a máis.  Porque isto é cousa de todos e todas. Que se vos ocorre?

Mandádenos todas as vosas ideas ao  mail: biblioteca.info@dacoruna.gal ou compartilas en redes co  cancelo  #horadoplanetanaBD  e confeccionaremos unha guía con todas elas, que poñeremos ao dispor de todas e todos na nosa páxina web e redes sociais. Así, poderemos ver todas as cousas que podemos facer e que talvez non se nos ocorreron. Estamos no momento da acción!!!

Convirtámonos nun gran cerebro ao dispor da mellora do planeta. Porque xuntos podemos salvar a nosa casa.

 

E, por se queredes ir lendo algo sobre o tema aquí deixámosvos unhas recomendacións que podedes atopar na Biblioteca:

E aquí algunhas recomendacións da EbiblioDaCoruna:

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *