A hemeroteca dixital da EbiblioDaCoruna

Publicado el

 

Queres ler o xornal cada día? Interésache botarlle unha ollada ás revistas de actualidade? Na plataforma de préstamo de contidos electrónicos  EbiblioDaCoruna temos dispoñibles  diarios (El País, La Vanguardia, La Razón, ABC, Diario AS e Cinco días) e revistas (National Geographic, Viajar, Autopista, Autovía, El Mueble, Esquire, Muy Interesante…) e tamén a revista da Sección infantil da Biblioteca Abracadabra. 

 

Contidos accesibles, gratuitos, e unha amplia hemeroteca dixital a un só clic de distancia. Próbao, e le as últimas novas de prensa de balde cada día dende o teu dispositivo.

Podes acceder a todos estes materiais en https://ebibliodacoruna.odilotk.es. Para iso tes que estar de alta nesta plataforma

 

Se aínda non utilizas a biblioteca dixital, podes solicitar a alta AQUÍ e terás unha completa hemeroteca sempre contigo as 24 horas os 365 días do ano.

Préstamo

  • Pode tomar en préstamo ata un máximo de cinco contidos dixitais de forma simultánea.
  • O prazo de préstamo depende do material do que estamos facendo uso. Para as revistas 1 día e os xornais 2 horas sen posibilidade de renovación.

Devolución

  • Unha vez finalizado o prazo de préstamo, o contido deixará de ser accesible dende os seus dispositivos. Non tes que preocuparte de devolvelos.

 

En cada recurso tes acceso aos números anteriores, e podes ver a revista ou xornal dende a subscrición inicial na plataforma.

 

Os xornais e revistas que podes encontrar na nosa plataforma na actualidade son (preme na imaxe para acceder ao contido):

XORNAIS

REVISTAS

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *