A educación… a mellor pegada

Publicado el

A miúdo fálase da educación de nenos e nenas, un tema que a todos preocúpanos, e moitas veces non sabemos moi ben que pautas debemos seguir para levar a bo termo esta importantísima labor. O xuíz Emilio Calatayud, vendo a cantidade de mozas e mozos cos que tiña que tratar e a similitude entre eles, escribiu o libro La educación de los jóvenes. Una tarea social compartida*. Deste libro resumimos o Decálogo para formar un delincuente, que a continuación vos presentamos e que sen dúbida non nos deixará indiferentes:

  1. Comece desde a infancia dando ao seu fillo todo o que pida. Así crecerá convencido de que o mundo enteiro perténcelle.
  2. Non se preocupe pola súa situación ética ou espiritual. Espere a que alcance a maioría de idade para que poida decidir libremente.
  3. Cando sexa malfalado, rir. Isto animaralle a facer cousas máis graciosas.
  4. Non lle rife nin lle diga que está mal algo do que fai. Podería crearlle complexo de culpabilidade.
  5. Recolla todo o que el deixe tirado: libros, zapatos, roupa, xoguetes… Así se afará a cargar a responsabilidade sobre os demais.
  6. Déixelle ler todo o que caia nas súas mans. Coide de que os seus pratos, cubertos e vasos estean esterilizados, pero non de que a súa mente estea chea de lixo.
  7. Rife a miúdo co seu cónxuxe en presenza do neno; así a el non lle doerá demasiado o día en que a familia, quizais polo seu propio comportamento, quede esnaquizada para sempre.
  8. Déalle todo o diñeiro que queira gastar. Non vaia a sospeitar que para dispoñer do mesmo é necesario traballar.
  9. Satisfaga todos os seus desexos, apetitos, comodidades e praceres. O sacrificio e a austeridade poderían producir frustracións.
  10. Póñase sempre da súa parte en calquera conflito que teña cos seus profesores e veciños. Pense que todos eles teñen prexuízos contra o seu fillo e que de verdade queren amolalo.

* La educación de los jóvenes. Una tarea social compartida. Emilio Calatayud. Sevilla : Fundación Ecoem, 2009

Categorizado como: Blog

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *