A EbibliodaCoruna e a finalización do servizo EbookDiCoruna

Publicado el
Se eras usuario do préstamo dixital anteriormente a novembro de 2018, e viñas utilizando ata o de agora a plataforma EbookDiCoruna, informámoste de que por causas alleas á Biblioteca, esta xa non está operativa. A maioría de títulos de EbookDiCoruna pasarán a engrosar a EbibliodaCoruna nuns días, polo que non suporá unha merma no servizo.
Se non utilizabas aínda a biblioteca dixital da Deputación da Coruña EbibliodaCoruna, ou non lembras o teu contrasinal, podes solicitar a recuperación do mesmo. O proceso é o seguinte:
1. Accede á plataforma en https://ebibliodacoruna.odilotk.es
2. Preme en “Conta”
3. Preme en “¿Esqueceu a súa chave de acceso?”
4. En “Identificación” introduce o teu correo electrónico e preme “Enviar”.
5. Recibirás unha mensaxe no teu correo electrónico para restablecer o teu contrasinal
Lembrámosche que o funcionamento é moi similar e as normas de préstamo son as mesmas (en xeral 2 libros durante 21 días, con posibilidade de facer reservas e de visualizar as primeiras páxinas do contido antes de prestar). Tamén dispós de xornais, revistas, películas, cursos de formación, audiolibros e outro tipo de contidos.
Tamén tes dispoñible a APP para móbil Odilo App. Para instalala e descargala, antes é preciso que lembres o teu contrasinal de acceso, xa que é imprescindible para poder activar a aplicación. Despois de descargala e instalala, no proceso de activación lembra seleccionar no despregable como o teu proveedor “Deputación da Coruña”.
Para calquera cuestión sobre o préstamo dixital, podes remitir unha mensaxe de correo a biblioteca.info@dacoruna.gal ou ben chamar ao 981 080 176. Tamén te atendemos de xeito presencial se o precisas na sección de Préstamo e Información Bibliográfica no primeiro andar da Biblioteca.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *