A Deputación da Coruña na Feira do Libro da Coruña

Publicado el

 A 48ª edición da Feria del Libro da Coruña ten lugar do 1 ao 11 de agosto nos Xardíns de Méndez Núñez, na Coruña.

A Biblioteca Provincial da Coruña ten presencia na Feira con actividades e información coa finalidade de informar da localización da biblioteca, os seus servizos, difusión da colección, actividades  e funcionamento tanto da biblioteca física coma da EBIBLIODACORUNA. A información da Biblioteca pódela encontrar no posto da Deputación da Coruña , así coma material promocional da Biblioteca.

Non te perdas as actividades de dinamización e animación á lectura que ofrece a Deputación, éstas teñen lugar na carpa infantil e están dirixidas a nenas e nenos, familias e público en xeral.

 

Actividades da Deputación Provincial e da Biblioteca Provincial na Feira do Libro da Coruña:

  1. Martes 6 de agosto, 19.45, A faba Máxica.

  2. Mércores 7 de agosto, 19.45 h, A faba Máxica

  3. Venres, 9 de agosto, 12:00 horas, Ilustrando libros con plastilina . 1 hora.

  4. Venres, 9 de agosto, 13:00 horas, EspazoMicroAberto para lecturas e declamacións. 30 minutos.

  5. Domingo 11 de agosto, 12:00 horas, Juana de Ibarborou,O doce miragre. Un poema que rega Rosalía de Castro? EspazoArteAcción a cargo de Marina Oural

Máis info das actividades en:https://www.dacoruna.gal/novas/ficha-noticia-reducida?id_evento=4266&utm_source=Enlace&utm_campaign=%C3%9Altimas+Novas&utm_medium=Web

Toda a programación e actividades da Feira do Libro da Coruña en: https://feiradolibrocoruna.com/

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *