Regulamento

Normas

Todas as persoas usuarias teñen a obrigación de respectar as demais, así como os medios, instalacións e documentos que a biblioteca pon á vosa disposición.
  • Falar en voz baixa nas zonas de lectura.
  • Silenciar os teléfonos móbiles.
  • Manter o fondo de acceso directo ordenado.
  • Repoñer os materiais que extravíen ou danen e velar pola integridade dos fondos da biblioteca, que son patrimonio de todos.
  • Non sacar da biblioteca ningún documento sen efectuar previamente o préstamo ou solicitar o permiso da dirección.
  • Non introducir bebidas nin comidas
  • Non modificar a disposición do mobiliario

Regulamento

Art.1.- A biblioteca da Deputación da Coruña é un centro cultural que ten as seguintes funcións:

  • Ofrecer ao público un conxunto organizado de fondos bibliográficos e audiovisuais que permitan a súa formación cultural
  • Conservar e enriquecer o patrimonio bibliográfico
  • Fomentar o uso e a cooperación mediante o intercambio de información, adquisicións e préstamos
  • Fomentar o intercambio bibliotecario con outros centros

Art.3.- Son responsables do seu funcionamento:

  • A Deputación da Coruña
  • A Dirección da biblioteca

Art.4.- Todas as persoas usuarias teñen acceso libre e gratuíto ás dependencias da biblioteca, así como á información sobre os seus servizos e sobre a forma de utilizalos.

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS

Regulamento da biblioteca (BOP núm. 250, 31-10/1995)