Biblioteca

dscn6510

A Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña foi fundada o 23 de decembro de 1845  e nace a partir dos fondos procedentes  de diversos conventos da provincia da Coruña desamortizados na Primeira República.

Nun primeiro momento instálase no edificio que alberga tamén o Teatro Rosalía de Castro. En 1983 cambia a súa localización, xunto co Arquivo, a un edificio na rúa Archer Milton Huntington, para volver á súa situación orixinal en 1994 na rúa Rego de Auga, 37, polo que queda separada do Arquivo provincial. Nesa data a biblioteca contaba aproximadamente con 74.000 exemplares, na actualidade conta con máis de 200.000 físicos e dixitais.

Ao seu cargo e xestión estivo sempre un profesional arquiveiro-bibliotecario, entre eles tivemos a Bernardo Barreiro, quen redactou a primeira historia desta biblioteca e a Manuel Murguía. Tamén personaxes destacados coma Maximiliano Linares Rivas quen facilitou a creación da biblioteca e foi o seu primeiro director.

Na actualidade dirixe e xestiona a biblioteca a arquiveira-bibliotecaria Dolores Liaño Pedreira.

 

Video presentación da Biblioteca da man da súa directora Dna. Dolores Liaño Pedreira

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS