A Biblioteca no Culturgal 2018

Publicado el

O vindeiro sábado día 1 de decembro a Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña participa activamente na Feira das Industrias Culturais de Galicia CULTURGAL 2018, que se celebra no Pazo da Cultura de Pontevedra, na rúa Alexandre Bóveda, s/n, do 31 de novembro ao 2 de decembro en Pontevedra.

Ás 11:00 h presentaremos a EbiblioDaCoruna, a plataforma de autopréstamo dixital da Deputación da Coruña para dar servizo ás bibliotecas públicas municipais dos 93 concellos da Provincia, e anunciaremos a próxima posta en marcha do club de lectura dixital.

Ademáis, das 12:00 ás 20:00 h esperámosvos no posto que a Deputación da Coruña ten no Culturgal para dar de alta a todas as persoas que queiran utilizar a plataforma provincial. Entre todas as persoas que se den de alta neste horario sortearemos un e-Reader.

O sorteo realizarase no posto da Deputación da Coruña o mesmo sábado día 1 ás 20:30 h, e facémolo en colaboración a Biblioteca da Deputación e Turismo da Deputación da Coruña.

Podes acceder aquí ás bases do sorteo: Bases Sorteo Culturgal 2018

Toda a información sobre o CULTURGAL 2018

Categorizado como: Blog

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *