Para entrar na miña conta:
- Accede ó catálogo da biblioteca
https://www.dacoruna.gal/web-bp/inispa.htm
e inicia sesión, introducindo o teu nome, apelidos
( un ou dous) e o número de usuario da biblioteca.
Para poder renovar e reservar tes que ter o carné en vigor, e non ter obras co prazo de devolución finalizado.
Unha vez dentro podes…
- Ver o material que tes prestado e o seu estado, así como a data na que debe ser devolto.
- Facer reservas: no caso de que a obra que che interese estea prestada, podes reservala. Cando estea dispoñible recibirás un correo electrónico e terás 48 horas para recoller o préstamo.
Podes reservar o mesmo número de obras que podes levar en préstamo.
Para reservar é preciso que busques a obra no catálogo por título, autor etc… e despois accedas á reserva, cubrindo o nome, apelido e número de socio. Recibirás un correo da biblioteca cando a obra estea dispoñible.
- Renovar: podes renovar unha soa vez as obras que tes prestadas; antes de que venza o prazo de devolución.
Reservas e renovaciones (EN PDF)