Préstamo interbibliotecario

O préstamo interbibliotecario é un servizo mediante o cal a biblioteca busca e solicita noutras bibliotecas aqueles documentos que non están entre os seus fondos para proporcionarllos ao usuario que os necesite.

É necesario dispoñer do carné da biblioteca para facer uso deste e o usuario farase cargo dos gastos que este servizo poida xerar (aprox. 8 € en concepto de gastos de envío).

A lectura dos documentos solicitados realizarase exclusivamente nas instalacións da biblioteca e o período de préstamo do orixinal será dun mes, non prorrogable.

Non poden solicitarse máis de 2 documentos dunha soa vez. O peticionario do préstamo é o responsable de garantir a conservación e o bo uso dos documentos.

solicitude_préstamo-interbibliotecario