Faite socio/a

Para obter o carné de adulto é preciso:

  • Entregar unha fotografía tamaño carné
  • Fotocopia do DNI ou pasaporte
  • Cubrir o Formulario_Carné ( Esta é a preinscrición, deberá recoller o carné na biblioteca e achegar a documentación anterior)
  • Se a peticionaria é unha entidade, a dirección da institución solicitará a alta da entidade como usuaria e nomeará a unha persoa responsable. (Solicitude centros)

O carné de biblioteca é gratuíto, persoal e intransferible. Poderá autorizarse  a outra persoa para poder levar en préstamo materiais da biblioteca, no caso de que o interesado ou a interesada non poida acudir. Previamente deberá cubrir unha Autorización de uso do carné por outra persoa (accesible tamén na propia biblioteca).

Calquera cambio nos datos persoais (traslado de domicilio, información de contacto…) deberá comunicarse á biblioteca para que esta poida modificalos para os efectos de comunicacións.

A perda ou deterioración de calquera documento supoñerá a súa reposición.