Cesión de contidos á EbiblioDaCoruna

A EbiblioDaCoruna é a plataforma de préstamo libre e gratuito de contidos dixitais para as persoas socias da mesma (calquera persoa usuaria de bibliotecas municipais da provincia, ou da propia Biblioteca da Deputación).

A cesión de contidos por editoras e persoas autoras supón un escaparate para quen cede así coma unha oportunidade de coñecer novas obras para as persoas lectoras.

Se tes interese en que as obras das que es responsable sexan incluídas nesta plataforma, podes remitirnos cuberto e asinado o seguinte formulario, acompañado dos arquivos das obras, a biblioteca.info@dacoruna.gal:

Formulario de cesión de contidos dixitais