A APP da EBIBLIODACORUNA permíten prestar contidos dixitais de EBIBLIODACORUNA no teu smartphone ou tableta, navegar polo catálogo da biblioteca, pedir prestado artigos ou poñelas en espera, descargar e devolver títulos, así como tomar notas, poñer marcadores e moito máis. A través da APP de lectura para tabletas e teléfonos intelixentes dispoñible para IOS e Android, Windows 8 & 10, Windows Phone e Windows (versión escritorio)
Odilo App
OdiloApp permítelle ler libros electrónicos de Odilo no seu smartphone ou tableta, navegar polo catálogo da biblioteca, pedir prestado artigos ou poñelas en espera, descargar e devolver títulos, así como tomar notas, poñer marcadores e moito máis.
Características
A aplicación de lectura OdiloAPP permite tomar en préstamo calquera título dispoñible no catálogo da biblioteca e descargalo ao dispositivo móbil nun só clic.
A aplicación está optimizada para dispositivos Android e iOS Windows 8 & 10, Windows Phone e Windows (versión escritorio) e mellora a experiencia do usuario grazas á súa interface sinxela e fácil de usar.
Desde a app poderás navegar polo catálogo, realizar préstamos e reservas, ler en liña e descargar libros para ler sen conexión a internet.
O lector que inclúe a aplicación permite personalizar a lectura cambiando o tipo, tamaño e espazo da letra. Ademais permite axustar o brillo da pantalla e seleccionar a cor do fondo.
Podes enlazar ata un máximo de 6 dispositivos diferentes, iniciando a lectura en calquera deles e continuando noutro diferente retomándoa no punto exacto en que a deixabas.
Descarga a aplicación
A aplicación da EBIBLIODACORUNA ( ODILO APP) está dispoñible nos seguintes markets: APP Store y Google Play
Despois de descargala e instalala, necesitarás activala no teu dispositivo: selecciona a biblioteca á que pertences ( Deputación da Coruña) e introduce o eu email e contrasinal facilitada na alta.
Sabes que podes acceder á nosa biblioteca dixital EBIBLIODACORUNA dende o teu móbil de maneira directa.A través das nosas apps podes ler libros, ver películas, escoitar audiolibros…todo no teu dispositivo. Sinxelo e de balde!
Queremos chegar a cada persoa, e ti que disfrutes das mellores lecturas!
Se tes algunha dúbida no funcionamento, lembrámosche que podes poñerte en contacto coa biblioteca escribíndonos a biblioteca.info@dacoruna.gal