Mostra bibliográfica: “Un concello, unha muller, un libro”

Publicado el

O 8 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller, cando, segundo a ONU, as mulleres de tódolos continentes, a miúdo separadas por fronteiras nacionais e diferencias étnicas, lingüísticas, culturais, económicas e políticas, se unen para celebrar o seu día, nunha tradición de décadas de loita en pro da igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento. En España este día celebrouse por primeira vez en 1932. Con este motivo desde a Biblioteca Provincial da Coruña, entre cuxos obxectivos está dar apoio á provincia e ós concellos da Coruña, homenaxéase a tódalas mulleres da provincia a través dunha pequena escolma, en concreto unha por cada concello. Mulleres destacadas por ser especialistas nos seus campos de actividade, tan diversos como a química, o deporte, a moda ou a música, pola súa calidade humana ou por ser representativas de feitos de excepcionalidade, ou por ser un símbolo dun colectivo que merece un recoñecemento. Trátase de recoller figuras de tódalas idades, xa sexa que estén en activo, xubiladas, que se dedican a outra profesión ou falecidas. Ó mesmo tempo, en relación con cada unha delas destácase un libro de entre os fondos da Biblioteca, ben por ser obra desa muller, por recoller a historia do colectivo ou achegar unha aportación que axude a completar a visión tradicional.

A exposición divídese en dúas partes: en marzo estarán expostos os concellos de A Baña ata Mañón, e en abril de Mazaricos a Zas. Sitúase no vestíbulo da Biblioteca e esta aberta e de visita libre tódolos días de apertura da Biblioteca: luns a venres de 8:30 a 20:30 e sábados de 9:00 a 14:00 h.

Guia da mostra un concello, unha muller, un libro from Bibliotecadicoruna

Un concello, unha muller, un libro

 

4 thoughts on “Mostra bibliográfica: “Un concello, unha muller, un libro”

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *