Obradoiros de pintura

Publicado el

Obradoiro de pintura para nenos de máis de 7 anos

Achégase o verán, tempo de tempo de descanso, paseos, e se hai sorte, sol e praia. E tamén tempo dun dos vosos cursos favoritos, o Obradoiro de pintura, impartido pola artista Luisa Valdés.

O curso, dirixido a nen@s de máis de 7 anos, terá lugar de 11:00 a 13:00 horas na Biblioteca Provincial, e durará 1 semana.

¡Podédesvos inscribir o 15 de xuño as 10:30 h !

        Semanas a elexir

  • Semana 1: 26, 27, 28, 29  e 30 de Xuño
  • Semana 2: 3, 4, 5, 6 e 7 de Xullo
  • Semana 3: 10, 11, 12, 13 e 14 de xullo
  • Semana 4: 17, 18, 19, 20 e 21 de xullo
  • Semana 5: 24, 26, 27, 28 e 31 de xullo

 

AVISO: Prazas limitadas, 20 nen@s por semana

Reserva de praza

Para reservar praza presentarse có carné de socio do neno/a na  Biblioteca Infantil e Xuvenil o 15 de Xuño ás 10:30 h.

Tamén o poden facer chamando por télefono ó numero 981080171 a partir das 11:30 h (se quedan prazas libres)

¡É imprescindible presentar o carné de socio!  

 

Os nen@a que teñan finalizado o “bonolibro” contan con preferencia á hora de confeccionar as listas de asistentes.

Reservarase unha praza por neno, pero no caso de seren irmáns, farase unha excepción e poderanse apuntar de forma conxunta.

Normas de asistencia

  • No caso de faltar algún día da semana, perderase a praza do obradoiro
  • Non se admitirán retrasos nas horas de chegada ó obradoiro

Podedes consultar o programa do obradoiro aquí

¡Esperámosvos!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *