24 de outubro Día das bibliotecas

Publicado el

O vindeiro día 24 de outubro celebramos, como cada ano, o Día das Bibliotecas, e desde a Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña preparamos unha programación especial para celebralo xuntos e que nos coñezas mellor.

 

VISITA GUIADA Á BIBLIOTECA

Realizaremos un percorrido por fondos de bibliófilo seleccionados de entre o fondo da Biblioteca. Achegarémonos á historia do libro e da ilustración a través das explicacións sobre estes fondos destacados.

Día e hora: 24 de outubro ás 11:30 h.

Lugar de inicio: vestíbulo da Biblioteca.

Inscrición: remitir un correo a biblioteca.info@dacoruna.gal ou chamando ao 981 080 176, indicando o nome da/s persoa/s que desexa/n inscribirse, e un teléfono de contacto.

 

 

SESIÓN DE FORMACIÓN DIXITAL “EBIBLIODACORUNA CLUB”

Aprenderemos de forma práctica como seguir o club dixital e como participar nel a través do foro, do chat e das citas.

Día e hora: 24 de outubro 10:30 – 11:15 h.

Lugar: Sala de actividades Manuel López.

Inscrición: remitir un correo a biblioteca.info@dacoruna.gal ou chamando ao 981 080 176, indicando o nome da/s persoa/s que desexa/n inscribirse, e un teléfono de contacto.

Nota: para realizar a actividade é preciso estar de alta na EbiblioDaCoruna e traer un dispositivo dixital con conexión á Internet. Se non utilizas a EbiblioDaCoruna, solicita a túa alta aquí antes do día 23 de outubro: http://deputaciondacoruna.tubiblioweb.com/alta-no-prestamo-electronico/

 

 

CONFERENCIA “A TRANSICIÓN ENERXÉTICA EN ESPAÑA”, POR D. FRANCISCO ARÉCHAGA

Enxeñeiro especializado en medio ambiente e cambio climático, reputado especialista e autor de varios libros sobre o tema, que xa impartiu unha conferencia o ano pasado sobre o cambio climático, este ano volve acompañarnos para trasladarnos cuestións fundamentais sobre a transición enerxética.

Día e hora: 24 de outubro ás 19:30 h.

Lugar: Sala de actividades Manuel López.

Entrada libre.

 

 

 

EXPOSICIÓN NO VESTÍBULO: BIBLIOTECAS DIXITAIS

Mostra bibliográfica na que se mostran materiais sobre a evolución e o futuro das bibliotecas dixitais.

Día e hora: durante outubro e novembro en horario de apertura.

Lugar: vestíbulo da Biblioteca.

Entrada libre.

 

 

A BIBLIOTECA SAE Á RÚA

Informaremos aos transeúntes de que se celebra o Día das bibliotecas, e os servizos e fondos que se poden atopar nela. Achégate á nosa  Biblioteca Móbil e leva un pequeno agasallo.

Día e hora: 24 de outubro ás 13:00 h.

Lugar: diante do edificio da Biblioteca.

 

 

PREMIOS A SUPERLECTORES/AS

Este ano queremos facer un recoñecemento especial ás persoas que nos acompañan desde o inicios da andadura da Biblioteca. Agasallamos ás 5 persoas con máis antigüidade como socias que son as que máis uso fan da Biblioteca, con un lote de material promocional da Biblioteca.

Día e hora: do 24 ó 31 de outubro.

 

 

OBRADOIRO DE SOMBRAS

Realizaremos un taller aberto a todos os públicos (os menores de 7 anos deberán estar acompañados por unha persoa adulta).

Día e hora: 24 de outubro entre as 18:00 e as 20:00 h.

Entrada libre.

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *