24 de outubro Día da Biblioteca

Publicado el

Como en anos anteriores, desde a Biblioteca Provincial programamos unha serie de actividades para conmemorar o Día das Bibliotecas. Conferencias, premios, formación, exposicións, biblioteca na rúa… Abertas e de balde. Consulta toda a programación:

24 de outubro. Programa de actividades

 

Mostra bibliográfica “A Terra es ti: coidando do medio ambiente”

Sobre o consumo responsable de enerxía e medio ambiente. Visitable no vestíbulo da Biblioteca en horario de apertura. De balde.

Le a entrada completa da mostra aquí

Descargar a guía de lectura: Guía de lectura da Mostra Bibliográfica A TERRA ES TI. Biblioteca Provincial da Coruña

Cando: do 1 de outubro ó 15 de novembro

 

Biblioteca participativa

2ª edición da biblioteca participativa. Este ano cóntanos qué cres que deberíamos cambiar para ter unha biblioteca máis verde e concienciada co medio ambiente. Déixanolo por escrito ou nas nosas redes sociais coa etiqueta #BDparticipativaverde

Participa a través de TwitterFacebook ou Instagram

Cando: do 22 ó 28 de outubro

 

Conferencia “Cambio climático e consumo de enerxía, solucións”. Por Francisco Aréchaga.

Enxeñeiro especializado en medio ambiente e autor de varios libros sobre o tema. Acceso libre ata encher aforo.

Consulta o CV do ponente: Traxectoria profesional de Francisco Aréchaga

Cando: 24 de outubro ás 20:00 h.

 

Obradoiro infantil

Terá lugar no vestíbulo da Biblioteca para todos os nenos e nenas que queiran achegarse. Entrada libre.

Cando: 24 de outubro entre as 18:00 e as 20:00 h

 

Guía de lectura Bebeteca verde

Preparamos unha guía para que os primeiros lectores se eduquen no coidado do medio ambiente e se divirtan facéndoo.

Consulta a guía aquí: Co medio ambiente

Cando: Outubro

 

Saímos á rúa

A biblioteca sae á rúa para informar ós transeúntes que se celebra o Día da Biblioteca, e para aportar información sobre os fondos e servizos que se poden atopar nela.

Cando: 24 de outubro ás 13:00 h

 

Sesión de formación dixital

Qué son e cómo se utilizan os libros electrónicos, formatos de libros e compatibilidades, utilización da plataforma de préstamo da Biblioteca, cómo prestar e descargar libros. Ensinarémosche a utilizar os libros dixitais paso a paso e poderás resolver tódalas túas dúbidas.

Consulta tamén a nosa sección de Préstamo dixital

 

Cando: 24 de outubro ás 18:00 h

 

Libros prohibidos

Elaboramos unha guía de lectura e un recuncho temático na planta de Préstamo e Información sobre libros que están ou estiveron censurados ou prohibidos.

Cando: do 24 de outubro ó 15 de novembro

 

Premios ás persoas máis lectoras

Un ano máis agasallaremos ás 7 persoas máis lectoras do ano nas diferentes categorías (adulto, 4 categorías de infantil e xuvenil, bebeteca e dixital) cun lote de material promocional da Biblioteca. Os premiados poderán achegarse ó longo do día a recoller o seu agasallo.

Cando: 24 de outubro

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *