23 de abril – Día Mundial do Libro

Publicado el

A Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña programa un conxunto de actividades para celebrar o 23 de abril o Día Mundial do Libro:

Obradoiro do Día Mundial do Libro

Cando: o luns 23 de abril entre as 18:00 e as 20:00 h no vestíbulo da Biblioteca.

Creación de libros infinitos. Para todas as idades. Entrada de balde.

 

Visita guiada ós fondos da Biblioteca

Cando: o luns 23 de abril ás 12:00 h.

Visita guiada para coñecer as xoias bibliográficas e os distintos servizos que presta a Biblioteca. Un percorrido polos fondos máis destacados e chamativos da Biblioteca.

Cómo anotarse: no enderezo electrónico biblioteca.info@dacoruna.gal, presencialmente en Información Bibliográfica, ou chamando ao 981080176.

 

Biblioteca móbil

Cando: o luns 23 de abril ás 13:00 h na rúa Riego de Agua, 37.

A Biblioteca sae á rúa para dar a coñecer os seus fondos e servizos.

 

 BookCrossing: solta de libros

Cando: durante toda a semana do 23 ao 27 de abril.

Liberaremos libros na nosa zona oficial de BookCrossing durante toda a semana do 23 ao 27 de abril en horario de apertura (de 8:30 a 20:30). ¡Únete ao movemento internacional de intercambio de libros e ven liberar ou capturar libros libres!

 

 Exposición “Un Concello, unha muller, un libro”

Cando: durante os dous meses de marzo e abril.

No vestíbulo da Biblioteca poderás achegarte a unha homenaxe a tódalas mulleres da provincia a través dunha pequena escolma, unha por concello. Ademáis, está dispoñible unha guía sobre a exposición, accesible na Biblioteca, nas redes sociais e na páxina web: http://deputaciondacoruna.tubiblioweb.com/5679-2/

 

VII Concurso “Palabras de amor” #140en positivo

Cando: do 2 de abril ao 3 de maio.

Participa no noso concurso cunha mensaxe motivadora, de alegría e ánimo, e ¡sácanos un sorriso! De entre todos os traballos de ADULTOS e RAPACES presentados, elixiranse 6 premiados (3 para máis de 14 anos e 3 para menos de 14 anos)

¡Esperamos as túas mensaxes motivadoras!

 

 Os fondos dixitais da biblioteca

Cando: o luns 23 de abril ás 19:00 h.

Coñece o funcionamento da nosa Biblioteca dixital, e cómo prestar, descargar e ler os libros electrónicos.

Cómo anotarse: mediante mensaxe electrónica a biblioteca.info@dacoruna.gal, ou ben presencialmente en Información Bibliográfica, ou chamando ao 981080176.

 

 

Día Mundial do Libro 2018 – Actividades from Bibliotecadicoruna

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *