23 de abril-Día do libro

Publicado el

A Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña programa un conxunto de actividades para celebrar o 23 de abril o Día Mundial do Libro:

 

Obradoiro do Día Mundial do Libro

Cando: o martes 23 de abril entre as 18:00 e as 20:00 h no vestíbulo da Biblioteca.

Creación dun skyline de monumentos da cidade ( en papel) . Para todas as idades. Entrada de balde.

 

Visita guiada ós fondos medievais da Biblioteca

Cando: o martes  23 de abril ás 18:00 h.

Visita guiada para coñecer as xoias bibliográficas e os distintos servizos que presta a Biblioteca. Un percorrido polos fondos máis destacados e chamativos da Biblioteca.

Cómo anotarse: no enderezo electrónico biblioteca.info@dacoruna.gal, presencialmente en Información Bibliográfica, ou chamando ao 981080176.

 

A túa alta na EBIBLIODACORUNA ten premio

Cando: do 21 ao 28  de abril na BIBLIOTECA DIXITAL da Biblioteca da Deputación.

As altas no préstamo electrónico que se realicen entre o 21 e o 28 de abril de 2019 terán un pequeno agasallo, que consiste nunha pulsera USB DE 4GB. Poden participar todos os usuarios das bibliotecas municipais da provincia da Coruña. Tes que cubrir o formulario de alta e achegalo por mail a biblioteca.info@dacoruna.gal

 

 

Promoción limitada ás 100 primeiras altas

 BookCrossing: solta de libros

Cando: durante toda a semana do 22 ao 26 de abril.

Liberaremos libros na nosa zona oficial de BookCrossing durante toda a semana do 22 ao 26 de abril en horario de apertura (de 8:30 a 20:30). ¡Únete ao movemento internacional de intercambio de libros e ven liberar ou capturar libros libres!

 

 Participación na Feira do Libro de Ferrol

Cando: mércores 24 de abril ás 18:00h e ás 18:30 h na Feira do Libro de Ferrol

A Biblioteca Provincial levará a cabo dúas actividades de animación é lectura na Feira do Libro de Ferrol.

  1. Actividade de animación á lectura “Contando historias”
  2. Coñece o funcionamento do EBIBLIODACORUNACLUB o club  de lectura en liña para as bibliotecas municipais da provincia da Coruña. Podes ver toda a info do CLUB LECTOR en: http://deputaciondacoruna.tubiblioweb.com/ebibliodacoruna-club-lector/

 

VIII Concurso “Palabras de amor” #140enpositivo

Cando: do 1 ao 30  de abril nas redes sociais e na Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña

Participa no noso concurso cunha mensaxe motivadora, de alegría e ánimo, e ¡sácanos un sorriso! De entre todos os traballos de ADULTOS e RAPACES presentados, elixiranse 6 premiados (3 para máis de 14 anos e 3 para menos de 14 anos)

Os traballos poden presentarse do seguinte xeito:

  • Enviando un correo electrónico (biblioteca.info@dacoruna.gal) co asunto #140enpositivo e especificando a mensaxe e os datos persoais da autoría (nome, apelidos e número de teléfono).
  • A través do noso Facebook com/bibliodicoruna deixando un comentario na entrada do concurso.
  • No Twitter (bibliodacoruna), utilizando o cancelo #140enpositivo.
  • No Instagram (@bibliodicoruna), utilizando o cancelo #140enpositivo.
  • Deixando a mensaxe nun comentario á entrada da páxina web na que está publicada o concurso.
  • Deixando as mensaxes na Sección Infantil e Xuvenil da Biblioteca ou no Servizo de Información.

    Os premios sepáranse en dúas categorías:

    • Categoría 1: Máis de 15 anos: no que se seleccionarán tres premiados ou premiadas.
    • Categoría 2:Entre 8 e 14 anos: no que seleccionarán tres  premiados ou premiadas.

    De entre todos os traballos presentados seleccionaremos, polo tanto, 6 gañadores ou gañadoras.

    premios consisten en:

    • dúas tabletas para os primeiros premios de cada categoría.
    • un lote de libros, música e películas para  os segundos premios de cada categoría.
    • un lote de produtos promocionais da biblioteca para os terceiros premios de cada categoría.
    • haberá un pequeno agasallo da Biblioteca provincial para todos os participantes.

¡Esperamos as túas mensaxes motivadoras!

Poder ver as bases completas do concurso en http://deputaciondacoruna.tubiblioweb.com/140enpositivo-2/

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *