23 DE ABRIL – DÍA DO LIBRO: EU ESCRIBO NA CASA

Publicado el

Presentamos unha proposta de cara ao Día do Libro: este ano celebrarémolo redactando convosco un libro propio! Anímaste?

Agora que temos tempo, senta un rato a inspirarte e deixa vagar a túa imaxinación… Queremos ver como nacen relatos motivadores, de entusiasmo, de apoio, inspiradores, que nos axuden a pasar un bo intre, que nos dean azos e nos levanten os ánimos nestes momentos de illamento. Darnos alento mutuo é o que máis precisamos agora mesmo! Construamos xuntos ese libro con relatos de confinamento!

Participa enviándonos o teu relato entre o 1 e o 22 de abril a biblioteca.info@dacoruna.gal, ou a través das nosas redes sociais co cancelo #euescribonacasa (Twitter, Instagram ou Facebook). Amósanos ese talentazo!

Para que non se fagan moi longos, propoñémosche unha extensión máxima de 500 caracteres. Condensa a túa creatividade! O bo, se breve…

Os relatos que recibamos irémolos compartindo nas redes sociais, e elaborando un libro que o día 23 publicaremos na EbiblioDaCoruna, de descarga libre, para que todos teñamos un recordo positivo de que nas peores circunstancias podemos sacar o mellor de nós. Agardamos o teu relato!

2 thoughts on “23 DE ABRIL – DÍA DO LIBRO: EU ESCRIBO NA CASA

  1. #euescribonacasa, paréceme unha iniciativa moi boa. O caso é que teño tanto tempo que fixen dous contiños de 500 caracteres cada ún. Podo enviar os dous?? . Agradecería unha resposta no meu enderezo electrónico. Grazas

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *