#140enRosalía. 24 de febreiro. Día de Rosalía de Castro.

Publicado el

Desde o ano 2010 a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) vén promovendo a celebración do Día de Rosalía de Castro , o 24 de febreiro,  este ano coincidindo co 180 aniversario do seu nacemento.

Autora bilingüe e polifacética, enmarcada no Romanticismo literario e propulsora do Rexurdimento, Rosalía de Castro revélase como unha autora que traspasou as fronteiras de Galicia, ben por ela mesma, ben grazas ás traducións das súas obras. O simple nome de Rosalía evoca toda unha forza singular que aínda hoxe se segue alimentando a través dos centos de homenaxes que se realizan aquén e alén de Galicia e das relecturas da súa obra. Descubrir a Rosalía de Castro é plantar carballos, árbores de longa vida, versos que resisten na memoria.

Un 24 de febreiro é unha data como outra calquera para render culto e achegar a vida e obra da nosa primeira poeta.

Dende a Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña queremos sumarnos a conmemoración desta data e invitámosvos a participar. 

Dende o día 21 de febreiro ao 28 de febreiro do 2017 podes difundir a túa frase, cita ou verso favorito nas redes sociais coa etiqueta #140enRosalía. Buscamos dinamizar as súas verbas, e que éstas cheguen a todos os que a coñecemos e ós que aínda precisan descubrila.

As mensaxes que etiquetedes co cancelo (hashtag) #140enRosalía serán expostas nos taboleiros físicos e virtuais da Biblioteca.

 

 

Descargar Cartaz aquí

Guía de lectura Rosalia de Castro. Biblioteca Provincial. Deputación da Coruña

Guía de lectura Rosalia de Castro. biblioteca provincial. deputación da coruña from Bibliotecadicoruna

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *