#140enpositivo

Publicado el


A Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña convoca  a sétima edición do concurso “Palabras de amor: #140enpositivo”.

Dito concurso ten por obxetivo descubrir o talento literario, despertar a imaxinación dos lectores,  animar a compartir as súas creacións,  animar á lectura e dinamizar a Biblioteca.

  1. A máxima do concurso  é o pensamento positivo, así que terás que crear unha mensaxe motivadora, de ánimo entusiasmo, alegría ou apoio; unha mensaxe en positivo.
  2. As mensaxes terán unha extensión entre140 e 280 caracteres, os espazos non contan.
  3. Poden ser escritas en ordenador ou manuscritas.
  4. As mensaxes poden ser escritas en galego ou castelán.
  5. Cada participante poderá entregar / enviar  como máximo 3 mensaxes ou composicións.
  6. As mensaxes deben ser inéditas, no caso contrario non poderían optar a formar parte dos posibles candidatos ós premios.
  7. Os traballos poden presentarse do seguinte xeito:
  • Enviando un correo electrónico(biblioteca.info@dacoruna.gal) co asunto #140enpositivo, e especificando a mensaxe e os datos persoais do autor (nome, apelidos e número de teléfono).
  • A través do noso Facebookcom/bibliodicoruna/deixando un comentario na entrada do concurso.
  • No Twitter ( @bibliodacoruna) , utilizando o hashtag #140enpositivo.
  • No Instagram(@bibliodicoruna), utilizando o hashtag #140enpositivo.
  • Deixando a túa mensaxe comentado na entrada da páxina web na que está publicada o concurso.
  • Deixando as mensaxes na Sección Infantil e Xuvenil da Biblioteca ou no Servicio de Información
  1. Os premios sepáranse en dúas categorías:
  • Categoría 1: Máis de 14 anos: no que se seleccionarán tres premiados.
  • Categoría 2:Menores de 14 anos: no que seleccionarán tres premiados.

De entre todos os traballos presentados, seleccionaremos por tanto, 6 gañadores ou gañadoras.

  1. O premios consisten en:
  • dúas tablets para os primeiros premios de cada categoría.
  • un lote de libros, música e películas para  os segundos premios de cada categoría.
  • un lote de productos promocionais da biblioteca para os terceiros premios de cada categoría.
  • Haberá un pequeno agasalloda Biblioteca Provincial para todos os que participedes.
  1. O prazo no que se pode participar no concurso é dende o 2 de abril ás 8:30 h ata o 3 de maio ás 20:30 h
  2. As persoas gañadoras serán notificadas por correo electrónico, teléfono, mail ou a través da rede social pola que participen. Deberán aceptar o premio e poñerse en contacto coa Biblioteca nun prazo de 24 horas dende a notificación. A aceptación do premio está unida a recollida presencial do mesmo na Biblioteca da Deputación da Coruña no día marcado para a entrega.
  3. A entrega de premios realizarase na Biblioteca da Deputación  da Coruña, coincidindo cos actos de celebración na Biblioteca das Letras Galegas 2018
  4. Os traballos que se presenten expoñeranse na Biblioteca  e difundiranse nas redes sociais propias da biblioteca e tamén nas da Deputación da Coruña.
  5. A participación neste concurso supón a aceptación destas bases, así como a aceptación da decisión do xurado, decisión que será inapelable
  6. As bases quedarán expostas no taboleiro de anuncios da Biblioteca, na páxina web e nas redes sociais da Biblioteca.


Esperamos a vosa activa participación!

 

9 thoughts on “#140enpositivo

  1. Chove, si… a cachón. Mais non, non mexan por nós, non. Iso era antes. Con retranca, dende o cariño… Cariño, Burela, Carnota, Porto do Son, Malpica… Parezo Ghayoso o do “Luar” dando o tempo no “OTempoTVG”…

  2. Lín: “Rómpase en caso de incendio”, e escachei o cristal pra sacalo extintor. Antes escoitei: “Por favor, apaguen los móviles, gracias”… A xuiz considerou atenuante a risa que provocou no xurado esta anécdota, e absolveume. (Categoría1)

  3. Agora miramos o ceo e imaxinamos a tua silueta
    Vemoste feliz correr tras os paxaros
    Grazas por sacarnos tantas veces de paseo , mais sempre seras un anaco do noso corazon
    Amiguiños con catro patiñas para toda a vida a lua anda sorir, non que eres ti pequerrecha nos tamen debuxamos un soriso o recordate

    Feices nos con ti e ti con nos
    Categoria 1

  4. Sé testán e tolerante, sé agarimoso, crítico, perseverante. Motívate polo que te rodea e non subestimes a dificultade dos obstáculos nin te creas opinións pouco fundamentadas e terás o privilexio de acercarte á verdade e a actitude para transformar o mundo. (Categoría 1).

  5. Moitas gracias María pola participación no concurso #140enpositivo. E moita sorte!

  6. Graciñas por participar no concurso #140enpositivo!
    Nos vindeiros días coñeceremos as mensaxes gañadoras.
    Un saúdo

  7. Boa tarde!

    Poñémonos en contacto contigo para agradecerche a túa participación no noso concurso #140enpositivo. Sinto comunicarche que o teu traballo non resultou gañador, pero só por participar tes un pequeno agasallo da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña e convidámosche a que o recollas o día da entrega dos premios.

    Lugar: Biblioteca Provincial da Coruña Riego de Agua, 37 na Coruña. Sala César Antonio Molina

    Día: o mércores día 16 de maio

    Hora: ás 19:00 h.

    Saúdos

  8. Boa tarde!

    Poñémonos en contacto contigo para agradecerche a túa participación no noso concurso #140enpositivo. Sinto comunicarche que o teu traballo non resultou gañador, pero só por participar tes un pequeno agasallo da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña e convidámosche a que o recollas o día da entrega dos premios.

    Lugar: Biblioteca Provincial da Coruña Riego de Agua, 37 na Coruña. Sala César Antonio Molina

    Día: o mércores día 16 de maio

    Hora: ás 19:00 h.

    Saúdos

  9. Boa tarde!

    Poñémonos en contacto contigo para agradecerche a túa participación no noso concurso #140enpositivo. Sinto comunicarche que o teu traballo non resultou gañador, pero só por participar tes un pequeno agasallo da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña e convidámosche a que o recollas o día da entrega dos premios.

    Lugar: Biblioteca Provincial da Coruña Riego de Agua, 37 na Coruña. Sala César Antonio Molina

    Día: o mércores día 16 de maio

    Hora: ás 19:00 h.

    Saúdos

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *