#140enpositivo

Publicado el

A Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña convoca  a oitava edición do concurso “Palabras de amor: #140enpositivo”

 

 

  1. Obxecto

O concurso ten por obxectivo descubrir o talento literario, espertar a imaxinación dos lectores e lectoras,  animar a compartir as súas creacións,  animar á lectura e dinamizar a Biblioteca.

  1. Participantes

Poderán participar todas as persoas físicas, a partir de 8 anos. Quedan excluídas todas as persoas con calquera tipo de relación de servizo coa Deputación da Coruña.

  1. Formato

A  máxima do concurso é o pensamento positivo, así que os participantes teñen que crear unha mensaxe motivadora, de ánimo, entusiasmo, alegría ou apoio: unha mensaxe en positivo.

As mensaxes terán unha extensión entre 140 e 280 caracteres, os espazos contan.

Poden ser escritas en ordenador ou manuscritas.

As mensaxes poden ser escritas en galego ou castelán.

Cada participante poderá entregar ou enviar  como máximo 3 mensaxes ou composicións.

As mensaxes deben ser inéditas ou non serán candidatables para os premios.

  1. Forma de presentación

Os traballos poden presentarse do seguinte xeito:

  • Enviando un correo electrónico (biblioteca.info@dacoruna.gal) co asunto #140enpositivo e especificando a mensaxe e os datos persoais da autoría (nome, apelidos e número de teléfono).
  • A través do noso Facebook com/bibliodicoruna deixando un comentario na entrada do concurso.
  • No Twitter (bibliodacoruna), utilizando o cancelo #140enpositivo.
  • No Instagram (@bibliodicoruna), utilizando o cancelo #140enpositivo.
  • Deixando a mensaxe nun comentario á entrada da páxina web na que está publicada o concurso.
  • Deixando as mensaxes na Sección Infantil e Xuvenil da Biblioteca ou no Servizo de Información.
  1. Prazo de presentación

O prazo no que se pode participar no concurso é do 1 ao 30 de abril do 2019.

  1. Premios

Os premios sepáranse en dúas categorías:

  • Categoría 1: Máis de 15 anos: no que se seleccionarán tres premiados ou premiadas.
  • Categoría 2:Entre 8 e 14 anos: no que seleccionarán tres  premiados ou premiadas.

De entre todos os traballos presentados seleccionaremos, polo tanto, 6 gañadores ou gañadoras.

O premios consisten en:

  • dúas tabletas para os primeiros premios de cada categoría.
  • un lote de libros, música e películas para  os segundos premios de cada categoría.
  • un lote de produtos promocionais da biblioteca para os terceiros premios de cada categoría.
  • haberá un pequeno agasallo da Biblioteca provincial para todos os participantes.
  1. Sétima. Entrega do premio

Os premiados anunciaranse o 8 de maio, na páxina web da Biblioteca e nas redes sociais polas que se pode participar: Facebook, Twitter e Instagram.

A entrega de premios realizarase na Biblioteca da Deputación  da Coruña o día 16 de maio, véspera da conmemoración do Día das Letras Galegas.

  1. Dereitos e deberes

Os traballos presentados e os seus autores expoñeranse na Biblioteca  e difundiranse nas redes sociais propias da Biblioteca e tamén nas da Deputación da Coruña, polo que a participación no concurso supón a aceptación da mencionada difusión.

Quedarán excluídas da participación todas aquelas mensaxes de contido incompleto, inapropiado ou que non se axusten ao obxecto e ás bases do concurso.

A participación neste concurso supón a aceptación completa destas bases, así como a aceptación da decisión do xurado, que será inapelable.

As bases quedarán expostas no taboleiro de anuncios da Biblioteca, na páxina web e nas redes sociais da Biblioteca.

 

 

Bases VIII concurso 140enpositivo. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña

One thought on “#140enpositivo

  1. La vida va a rachas, como el viento. A veces te despeina mientras te ríes y otras te zarandea y te sientes caer. No te rindas, no desesperes. Despliega las velas y avanza con él!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *