13 de setembro: Día do Bibliotecario e Día Internacional do Chocolate

Publicado el

 

Día do Bibliotecario e Día Internacional do Chocolate

 

Credes nas coincidencias? Pois aquí presentámosvos unha das máis saborosas. E é que o 13 de setembro celébrase o Día Internacional do Chocolate e o Día do Bibliotecario. E por se a asociación non fose o suficientemente forte, escolleuse esta data para celebrar o Día do Chocolate como homenaxe ao escritor Roald Dahl, autor de Charlie e a Fábrica de Chocolate. Quedando, desta forma, deliciosamente fundida a literatura, a biblioteca e o chocolate. Así que, propoñémosvos celebrar este día tan especial, relendo Charlie e a Fábrica de Chocolate mentres saboreades unha cunca de chocolate. Ocórresevos unha forma mellor de pasar a tarde?

E, como non, a continuación deixámosvos unha guía cos libros de Roald Dahl que podedes atopar na biblioteca. E outra con libros para preparar as mellores sobremesas de chocolate que poderán acompañar as vosas lecturas.

 

Aquí vai unha mostra da nosa guía de Roald Dahl:

 

 

 

Se queres ver a guía completa pica AQUÍ.

 

E, a continuación unha mostra da guía máis chocolateira:

 

Se queres ver a guía completa pica AQUÍ.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *