Destacado

Día da Biblioteca!

Achegámonos un ano máis a unha das datas máis especiais tanto para profesionais das bibliotecas como as persoas usuarias coas que compartimos diariamente a paixón polos libros e a lectura. Así que preparamos un programa para todas as idades para que poidades desfrutar deste día connosco.   Apadriña un libro olvidado! Preguntástesvos algunha vez que … Continuar leyendo «Día da Biblioteca!»

Servizo de lupas

Velo claro? Xa está dispoñible o servizo de lupas para persoas con necesidades visuais especiais. Están dispoñibles para consultar en sala, tanto na sección de Préstamo de persoas adultas como na Hemeroteca. Solicítaa no mostrador se precisas unha. Tamén están dispoñibles para as persoas investigadoras de fondos especiais.

Horario de inverno

  Dende outubro ao 15 de xuño a BIBLIOTECA PROVINCIAL DA CORUÑA ten o seguinte horario de apertura ó público: HORARIO XERAL DE LUNS A VENRES: de 08:30 a 20:30 h. SÁBADOS dende o 16 de outubro: de 09:00 a 14:00 h.   BIBLIOTECA INFANTIL E XUVENIL DE LUNS A VENRES: de 10:30 a 13:30 h e de … Continuar leyendo «Horario de inverno»

#LeoAutorasOct e Día das Escritoras

A BNE celebra este 18 de outubro  de 2021 a sexta edición do Día das Escritoras, que organiza en colaboración coa Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas para reivindicar o traballo e o legado das escritoras ao longo da historia. A comisaria é  a poeta e filósofa Marifé Santiago Bolaños e o tema … Continuar leyendo «#LeoAutorasOct e Día das Escritoras»

Nova lectura no club dixital: Yoga

Dende mañá, 1 de outubro,  podes unirte con nós á lectura da obra «Yoga» de Emmanuel Carrère, o último Premio Princesa de Asturias das Letras, no club «Compartiendo lecturas». Desde o propio club de lectura dixital  podes tomar en préstamo o libro  e comentar, citar ou chatear co resto de participantes Sinopse: <<A narración en primeira persoa dunha crise … Continuar leyendo «Nova lectura no club dixital: Yoga»

As estrelas na Biblioteca

As estrelas na Biblioteca: mostra bibliográfica e centros de interese no marco do XXIV Congreso Estatal de Astronomía.   A Biblioteca Provincial de A Coruña unha vez máis colabora na difusión das actividades culturais que se realizan na provincia no marco da súa acción formativa e apoio ás institucións e organizacións locais. Neste contexto participamos con … Continuar leyendo «As estrelas na Biblioteca»

Obradoiros de literatura

Impartido por Patricia Cernadas.   Día para elixir: os luns, martes, mércores e xoves Horario: de 17:00 a 19:00 h Prazas: 20 cada grupo Data de comezo: semana do 18 de outubro   Inscrición nos  talleres de literatura Poden inscribirse todos os socios/as na páxina web www.dacoruna.gal/biblioteca no apartado Actividades, premendo en Inscrición no taller de … Continuar leyendo «Obradoiros de literatura»

Club de lectura poética

Club de lectura poética impartido por Xoán Abeleira. 12 sesións Datas: os xoves de outubo, novembro e decembro Horario: de 19:00 a 20:30 h Prazas: 15 persoas Data de comezo: 7 de outubro   INSCRICIÓN NO CLUB DE LECTURA POÉTICA: Poden inscribirse todos os socios/as na páxina web www.dacoruna.gal/biblioteca no apartado Actividades, premendo en Inscrición … Continuar leyendo «Club de lectura poética»

Cursos de Inglés 2021

Sesións presenciais que comezan o 4 de outubro de 2021 Impartidos por Elisabeth Hamer PRAZAS: 15  persoas en cada curso Para poder realizar a inscrición e cubrir o formulario web  é preciso ter o número de carné da biblioteca á man.  Se non eres socio/a date de alta canto antes na biblioteca ou na web.  … Continuar leyendo «Cursos de Inglés 2021»

Autores e autoras literarios de Irixoa

Neste entrada, a Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña recolle os nomes dos autores e autoras literarios/as que naceron ou tiveron vinculación co Concello de Irixoa nacidos dos no século XX. Queremos visibilizar a creación literaria dos 93 concellos da provincia da Coruña. A información  forma parte do Catálogo de autores e autoras literarios/as da Provincia da Coruña do … Continuar leyendo «Autores e autoras literarios de Irixoa»

Fondos Destacados

Denuncia do equilibrio

GAL/17726 (Sala 1)

e na EbiblioDaCoruna

Homenaxeada nas Letras Galegas 2021.

Publicado en 1986 a contracorrente da poesía galega daquel momento, é un libro rabiosamente contemporáneo. Cuestiona a orde establecida, afonda con inquedanza na voz interior dunha poeta orixinal e libre e transmite, desde a propia sintaxe, o desacougo da vida cotiá, das emocións e do amor. Este primeiro libro de poemas de Xela Arias dá conta do arrebato dunha voz nova, independente, radicalmente propia, que se pon en marcha cunha enorme forza simbólica.

Con limiar de Olga Novo, Premio da Crítica de poesía 2019 e Premio Nacional de Poesía 2020.

Federico García Lorca en Santiago de Compostela

GAL/17587

Santiago de Compostela deixou fascinado a Federico García Lorca. Xa aos 18 anos, en 1916, cando descubrira a cidade durante unha viaxe de estudos por Galicia­­, escribiría «Esto me hipnotiza». Regresará a Compostela tres veces máis, todas en 1932, ben como conferenciante, sempre como famosísimo poeta e tamén como director de La Barraca. En Santiago é recibido, arroupado e agasallado coa admiración e a sincera amizade de toda unha xeración de estudantes e intelectuais que, naquel ano de ouro da República, inzan as rúas da medieval cidade coa súa nova ansia de cultura, galeguismo e liberdade.

Este libro, Federico García Lorca en Santiago de Compostela (Alvarellos Editora), escrito por Henrique Alvarellos, é a crónica detida e minuciosamente documentada desta relación do poeta coa cidade.

UNHA RUTA CON 14 LUGARES IMPRESCINDIBLES

José Vidal : unha vida dedicada á fotografía

José Vidal : unha vida dedicada á fotografía / Xan X. Fernández Carrera   (GAL/5338)

Hoxe amosamos esta obra, editada pola Deputación da Coruña no 2018, e dispoñible na Biblioteca. José Vidal, adicou unha boa parte da súa vida a fotografar un dos enclaves máis especiais da nosa terra: A Costa da Morte, podendo así coñecer como foi a evolución social e histórica dos pobos que conforman a comarca de Bergantiños.
Onte inagurábase a exposición «Nós somos elas» Vinte e catro poetas arredor das fotos do Arquivo Vidal do Concello de Laxe
que estará ata o 30 de agosto de 2020 en A Coruña, A Mariña-O Parrote, organizado pola Asociación Cultura Alexandre Bóveda , a Deputación da Coruña e Cultura da Deputación da Coruña. 

Na nosa biblioteca dixital